Tati Moyano
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1977 (46/47 anos) O Porriño, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Empregador | Televisión de Galicia Televisión Española |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Beatriz Moyano de Beça, coñecida como Tati Moyano, nada no Porriño en 1977, é unha xornalista galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid e posgraduouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.[1]
Nun inicio traballou nos informativos da TVG copresentando programas e conexións en directo, logo como guionista na CTV e redactora en Mediapro para TVE e de novo en 2003 para a TVG.[1]
Na TVG levou o Telexornal noite, Galicia noticias serán, A revista, Programas especiais e, en distintas temporadas, o Telexornal serán.[1] En 2020 o seu traballo na TVG é de redactora de informativos.[1]